concursos literarios artgerust

07.02.2014 in Concursos literarios by lavigaenmiojo Comentarios desactivados en XIII Certame Literario de Relato de Aventuras ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

XIII Certame Literario de Relato de Aventuras ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

[adrotate banner=”1″]

1.- Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras .
2.- A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.

3.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 11 de abril de 2014.

4.- Os traballos serán remitidos a: Concello de Noia .Rosalía de Castro, 2.15200 Noia (A Coruña).

5.- Estabelécese un único premio de 3.000 €, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo. Concello de Noia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.

O premio está consignado na partida 334.48003, atopándose retido o crédito necesario.

A entrega do premio realizarase mediante transferencia bancaria ao gañador/-a que deberá achegar ao Concello de Noia a certificación emitida polo banco ou caixa, correspondente á súa conta. Unha vez presentada esta certificación o Concello disporá de cinco días hábiles para a realización efectiva do pagamento.

6.- O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, para interpretar as bases e a súa decisión será discrecional e baseada en criterios de valoración literarios e lingüísticos.
O xurado estará composto polo

– Presidente: Alcalde do Concello de Noia ou persoa na quen delegue.
– Secretario/-a: un membro da revista de creación literaria e cultural “Casa da Gramática” do IES Virxe do Mar de Noia.
– Tres vogais nomeados/-as entre persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas.

O xurado emitirá públicamente o seu veredicto o día 16 de maio de 2014.

7.- Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.

8.- O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación das devanditas bases.

Related Articles
This article has No comments

Comments are closed.

copyright 2008-2010 La viga en mi ojo | some text here if you want

Using AcosminGAZZETE designed by Acosmin Premium